O
trompo é un xogo popular que dá moito xogo entre o noso alumnado. Hoxe en día un trompo é un material barato que podemos atopar en moitos lugares á venda.
Pretendemos incorporar este xogo nos recreos e que o alumnado aprenda a xogar con el.
Ata o de agora tivo gran aceptación e gran parte do alumnado disfruta tentando "bailar" o trompo.
Aquí deixamos algunhas das instantáneas que mellor describen o xogo dos trompos no noso colexio.