O pasado mes de xaneiro poidemos desfrutar da nosa primeira xornada do xogade multideporte dentro da A.D. val do Salnés.
Acudimos ao CEIP AS BIZOCAS de O Grove para ter unha convivencia con dito centro durante toda a mañá do mércores.
Xa polo miúdo os nosos rapaces e rapazas de 6º curso poideron practicas algúns dos seus deportes favoritos, como foron o Baloncesto, o fútbol, o Bádminton e o Brilé.
Para a volta a calma xogaron ao Xadrez.
Unha xornada completa de convivencia e respecto no que deu para facer exercicio, mellorar as nosas habilidades e ademais coñecer xente da nosa comarca.
Unha vivencia inmellorable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario