Visita ao CEIP de VILALONGA
O deporte escolar chegou o seu fin coa 4ª xornada na que nos desprazamos a domicilio para coñecer o colexio de Vilalonga. Neste caso desprazouse o noso 5º curso.
Coma nas outras xornadas o noso alumnado xogou durante todo a mañán ao Bádminton, Baloncesto, futbol sala, brilé e xadrez.
A experiencia vivida mereceu a pena, posto que coñecemos a outros nenos e nenas da contorna, pasámolo ben e practicamos unha mañán de deportes e xogos da educación física.
Por este ano finalizamos o deporte escolar gracias a organización de todo o profesorado que forma parte da AD Val do Salnés.