Deporte na escola IV - Vilalonga B

Rematamos o deporte na escola recibindo a Vilalonga no noso colexio.

Na cuarta e última xornada do deporte escolar, recibimos ao segundo equipo de vilalonga. Foi unha boa mañá, na que o noso alumnado de 5º curso, puido xogar ao baloncesto, balonmán, futbol, bádminton, brilé e xadrez.