REMATA A NOSA LIGA DE BÁDMINTON



A nosa liga de bádminton chegou ao final,...

A nosa liga de bádminton chegou ao final, coincidindo co final do trimestre. Foi un éxito rotundo, tendo unha gran cantidade de competidores e competidoras. Este venres disputouse a gran final entre Brais (6º) e Álex (6º). 

Nas semifinais derrotaron a Paula (6º) e a Eloy (4º). En dous partidos moi desputados. Ademais de fomentar o xogo do bádminton, conseguimos que alumnado doutros cursos comecen a interesarse polo deporte e a vida saudable.

Na final desputada a 3 sets Álex consigueu derrotar a Brais. Partido moi apretado no que Álex se fixo co primeiro set por 15 a 10. No segundo Brais gañou por 15 a 14 nunha manga apretadísima. E no set final, Álex fíxose co campionato ao derrotar a Brais por 15 a 11. 

Enhoraboa a todos e todas as participantes polo torneo desputado e polo gran espectáculo que nos brindaron. 

O ano que ven repetiremos!

Aquí nos quedan os vídeos resumos da liga e da final disputada.