Xogade contra o Abrente (Sanxenxo)


O pasado 29 de marzo tivemos ....


....o gusto de recibir ao colexio Abrente de Sanxenxo nas Covas para realizar a terceira xornada de deporte escolar de este curso 2017. 

O curso de 6º curso preparouse para acoller ao alumnado do concello veciño. Coma nas xornadas anteriores desputamos diferentes partidos de balonmán, baloncesto, futbol sala e brilé. E xogamos de maneira recreativa ao badminton. Algúns alumnos e alumnas tamén xogaron ao xadrez. 

A xornada foi extraordinaria no plano da convivencia, coñecendo a este colexio e ademais aos outros mestres de educación física, cos que poidemos compartir experiencias e maneiras de traballar.

No plano de convivencia, organizamos a xornada para que os recreos do Xogade e do colexio coincidiran e poidemos desfrutar dun patio con máis xente e diversidade da actual. Sacamos os nosos xogos populares para que os nosos veciños poideran coñecer e desfrutar con eles. 

Unha gozada poder contar con coles así pola nosa comarca, e un agradecemento máximo para a AD Val do Salnés.

Podes ver as fotos da xornada xusto debaixo.